21/2/20

ENTROIDO NA ESCOLA

Ola familias
Hoxe empeza o entroido e os nenos e nenas e as mestras vimos disfrados de superheroes e superheroínas dos ODS 4 e 5.
Imos vestidos de negro e levamos, unha capa, un cinturón, unhas botas, brazaletes e cinta na cabeza de cor vermella.
No cinturón levamos o logo dos nosos ODS e na cabeza o número.
Os ODSBOY e ODSGIRL procuran salvar o mundo das inxustiza e por eso teñen moitos superpoderes. Por exemplo.

Para acadar unha educación de calidado o noso superheroe ten:

  • "Super poder da cremallera" que permite pecharlle a boca ás persoas que din algo desagradable.
  • "Superlibros" co que o superheroe consigue que haxa bibliotecas en todos os lugares do mundo
  • "Super poder antiaburrimento" polo que cando o superheroe chasquea os dedos todo se vove divertido na escola.
  • "Super creador de escolas" cunha palamada aparece unha escola onde non a hai
  • "Mano de ferro": cando un neno intenta pegar a outro a súa man faise de ferro e non pode con ela.

Para acadar a igualdade de xénero o noso superheroe ten:


  • "Paga igual" para que ás mulleres e as homes lles paguen o mesmo nos seus traballos.
  • "Superxefa" co que consigue que as mulleres acaden postos de responsabilidade e poidan ser presidentas do goberno, directoras de orquestra, 
  • "Súperoportunidades" para que mulleres e homes poidan elexir o seu trabllo con liberdade: mulleres enxeñeiras ou astronautas... homes limpiadores, amos de casa...
  • "Super familia" para que poida haber familias diferentes
  • "Super protección" para evitar a violencia contra as mulleres.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Ola a todos e todas Achégase o final de curso, xa estamos todos moi cansos e cansas así que presentamos a nosa última proposta, esperamos q...