25/5/20

O MAGAZINE DO PALACIOS

Esta semana gustaríanos que vos convertírades en periodistas para facer un programa de televisión tipo magazine.
Un magazine inclúe moitas seccións diferentes e nel pódense tratar un feixe de temas, o MAGAZINE DO PALACIOS incluirá as seguintes seccións:
  • Noticias curiosas: nesta sección contaremos algo que pasou no noso cole.
  • Sociedade: falaremos de actos culturais e persoeiros importantes do cole.
  • Humor: nesta sección contaremos chistes.
  • O tempo: faremos a previsión meteorolóxica dando consellos das cousas que poderemos facer en función do tempo.
  • Entrevista: podedes entrevistar a quen queirades: os vosos pais ou nais, avós, irmáns, a un veciño... a calquera que poida contarnos algo interesante.
  • Cociña: é a hora de poñernos a cociñar: mostrade unha receita paso a paso
  • Manualidades: explicade paso a paso como facer unha manualidade.
  • Hora de ler: se o voso son os libros facede unha recomendación do libro que máis vos gusta
Elexide duas seccións, preparade o guión, ensaidae moito o que ides dicir e a posta en escea e, cando estedes listos grabádeo. Enviade o vídeo ao noso correo para que poidamos xuntalo todo.
Todo magazine ten que ter un presentador ou presentadora así que desa parte encargámosnos as profes.
Recordade que tedes que falar EN GALEGO

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Ola a todos e todas Achégase o final de curso, xa estamos todos moi cansos e cansas así que presentamos a nosa última proposta, esperamos q...